FESTAS
Todos os anos degoraba aquel día, todos os anos aquel día choraba. Polo vieiro do ano, choutaba de festa en festa a ledicia do meu peito novo aínda, e na festa grande, cando tiña de encomezar a choutar de novo, choraba sempre.
Diante min tiña todos os brinquedos, todas as langoñadas que pedira, e aínda así choraba, porque chegara a telas. Foron dous, tres, catro anos de chorar na ledicia con saudade; deste xeito chegou un ano en que non tiven xoguetes, e chorei na mágoa. Mais dígovos de certo, que nas miñas coitas tiña unha morna ledicia pola saudade dos tempos en que chorei sen ter por que chorar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.