27 de agosto de 2013

Inicio de AS ESTATUAS DA NOITE

Clark Ashton Smith 

Limitadas por un horizonte afastado, que desde certo punto atópase moi remoto e parece fundido coa brillantez azul dun ceo metálico, contrastan o negro esplendor das súas formas marmóreas co insuperable resplandor do sol. Construídas no amencer dos tempos, por unha raza cunhas tumbas en forma de torre e cidades de altas cúpulas, que constitúen agora un só po co dos seus construtores nas lentas evolucións do deserto, permanecen en pé para contemplar os terribles amenceres postremeiros, que xorden noutros países, consumindo os veos da noite nas desolacións infinitas. 
Ao mesmo nivel da luz, os súas ceños temibles conservan o orgullo dos reis Titánicos. Nos seus ollos de mirada pétrea, implacables e sen pálpebras, reflíctese a desesperación de quen contemplaron o infinito durante demasiado tempo.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario