Giacomo Casanova
Pílulas de cabelos
Un día no que a súa doncela lle cortaba á señora F. as puntas dos seus longos
cabelos na miña presenza, distraíame recollendo os pequenos e bonitos guechos
e íaos colocando sobre o tocador, excepto un mechonciño que me metín no
peto, pensando que non se daría conta. Pero, en canto estivemos sós, díxome con dozura pero unha pouco seria que lle devolvese aquel rizo que recollera.
Pareceume que me trataba cun rigor tan cruel como inxusto, pero
obedecín e con aire desdeñoso arroxei o rizo sobre o tocador.
- Cabaleiro, estades a me faltar.
- Non, señora. Non vos custaba nada finxir que non advertiades este inocente roubo.
- Non me gusta finxir.
- Tanto vos molesta un roubo tan pueril?
- Non é iso. Pero ese roubo demostra uns sentimentos cara a min que a vos, que
sodes home de confianza do meu marido, non vos está permitido alimentar.
Encerreime no meu cuarto, desvestinme e boteime na cama. Finxinme enfermo. Pola tarde foi a verme e deixoume un paquetito ao darme a man. Cando o abrín, a soas,
descubrín que quixera reparar a súa avaricia regalándome uns guechos
longuísimos.
Con eles fíxen un cordón moi fino, nun dos extremos fixen pór un
lazo negro, para poder estrangularme por se algunha vez o amor levábame á
desesperación. O resto corteino cunhas tesoiras, reducino a un po moi fino
e encargueille a un confitero que na miña presenza mesturáseo cunha pasta de ámbar,
azucre, vainilla, cabelo de anxo, alquermes e estoraque. Agardei a que
as graxeas estivesen dispostas antes de irme. Gardeinas nunha preciosa
bomboneira de cristal de roca, e cando a señora F. preguntoume a súa composición
díxenlle que tiñan algo que me obrigaba a amala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.