Nas súas notas, cita entre os moluscos numerosos pectúnculos pectiniformes; espóndilos amontoados
uns sobre outros; donácidos ou coquinas triangulares; hiálidos tridentados, con parápodos amarelos e
cunchas transparentes; pleurobranquios alaranxados; óvulas cubertas de puntiños verdosos; aplisias,
tamén coñecidas co nome de lebres de mar; dolios; áceras carnosas; umbrelas, propias do
Mediterráneo; orellas de mar, cunhas cunchas que producen un nácar moi estimado; pectúnculos
apenachados; anomias, máis estimadas que as ostras polos do Languedoc; ameixas, tan prezadas polos
marselleses; venus verrucosas brancas e graxas; esas ameixas do xénero mercenaria das que tanto consumo se fai en Nova York; pechinas operculares ou volandeiras de variadas cores; litodomos ou
dátiles afundidos nos seus buracos, cun forte sabor que aprecio eu moito; venericárdidos asucados con nervaduras
saíntes na cima bombeada da cuncha; cintias erizadas de tubérculos escarlatas;
carneiros de punta curvada, semellantes a lixeiras góndolas; férolas coroadas; atlantas, de cunchas
espiraliformes; tetis grises con manchas brancas, recubertas polo seu manto festoneado; eólidas,
semellantes a pequenas limazas cavolinias rampando sobre o dorso; aurículas, e entre elas a aurícula
miosotis de cuncha ovalada; escalarias vermellas; litorinas, janturias, peonzas, petrícolas, lamelarias, gorros
de Neptuno, pandoras, etc.
Nas súas notas, Conseil dividira, moi acertadamente, en seis clases aos articulados, das cales
tres pertencen ao mundo mariño. Son os crustáceos, os cirrópodos e os anélidos.
Os crustáceos se subdividen en nove ordes, o primeiro dos cales comprende aos decápodos,
é dicir, aos animais cuxa cabeza está soldada ao tórax, e cuxo aparello bucal se compón de varios
pares de membros, e que posúen catro, cinco ou seis pares de patas torácicas ou ambulatorias. Conseil
seguira o método do noso mestre Milne-Edwards, que divide en tres seccións aos decápodos:
os braquiuros, os macruros e os anomuros, nomes tan bárbaros como xustos e precisos. Entre
os braquiuros, Conseil cita un oxirrinco, o amatías, armado de dúas grandes puntas diverxentes a modo
de cornos; o inaco escorpión que, non sei por que, simbolizaba a sabedoría entre os gregos;
lambro-massena e lambro espiñento, probablemente extraviados en tan altos fondos posto que
xeralmente viven a grandes profundidades; xantos; pilumnos; romboides; calapas granulosos -de fácil
dixestión, anota Conseil-; coristos desdentados; ebalias; cimopolios, cangrexos aterciopelados de Sicilia;
dorripos lanudos, etc. Entre os macruros, subdivididos en cinco familias, os acoirazados, os
cavadores, os astácidos, os eucáridos e os oquizópodos, cita as lagostas comúns, de carne tan
apreciada, sobre todo nas femias; lagostinos, camaróns ribeiregos e toda clase de especies comestibles,
pero non di nada da subdivisión dos astácidos, nos que está incluído o bogavante, pois as lagostas
son os únicos bogavantes do Mediterráneo. En fin, entre os anomuros, cita as drocinas
comúns, abrigadas nas cunchas abandonadas das que se apoderan, homolas espiñentas, ermitáns,
porcelanas, etc.
Aí detíñase o traballo de Conseil. Faltáralle tempo para completar a clase dos
crustáceos co exame dos estomatópodos, anfípodos, homópodos, isópodos, trilobites,
branquiápodos, ostrácodos e entomostráceos. E para terminar o estudo dos articulados mariños
debería citar a clase dos cirrópodos, na que se inclúen os cídopes e os árgulos, e a dos
anélidos que non deixase de dividir en tubícolas e en dorsibranquios.
Pero é que o
Nautilus, ao deixar atrás o alto fondo do estreito de Libia, recuperara a súa velocidade habitual. Por iso,
non foi posible xa ver nin moluscos, nin articulados nin zoófitos, apenas algunhas grandes peces que
pasaban como sombras.
Durante a noite do 16 ao 17 de febreiro, entramos nesoutra zona do Mediterráneo con maiores profundidades que se sitúan a tres mil metros.
Impulsado pola súa hélice e deslizándose ao longo dos seus planos inclinados, o Nautilus afundiuse
até as últimas capas do mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.