20 de agosto de 2013

Inicio de Alter Ego, de Hugo Correa

- Señor: Aquí está o seu Alter Ego. Teña a bondade de asinar o comprobante.
  
Demetrio abriu o estoxo e retrocedeu marabillado: alí estaba el, os brazos pegados ao corpo, na máis completa nudez e inmobilidade. Se a posición ergueita non fose a menos apropiada para un dormente, espertouno; tan naturais parecían a cor da pel, engurraslas que empezaban a esbozarse ao redor dos ollos, os beizos delgados e a despexada fronte. O pelo liso, peiteado coidadosamente, como o do seu dobre humano.
  
Colleu a caixa de control e, guiándose polo catálogo, puxo en marcha ao monicreque. Camiñaba con soltura e naturalidade, sen os movementos grotescos que caracterizaban aos autómatas do pasado, coma se posuíse ósos, músculos, nervios e os demais órganos dun ser natural. Demetrio fíxoo practicar os actos elementais: sentar, vestirse, acender un pito, rascarse unha orella. Se os propietarios dos monicreques queren gozar deles -dicía o manual de instrucións-, necesitan estudarse concienzudamente a si mesmos, polo menos en canto á súa mímica, xestos, maneira de andar, etc.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.