30 de agosto de 2013

Fragmento de Soños Eléctricos

De Ramón Caride Ogando, nacido en 1957 en Cea.

—Escoite isto —ordenou o Investigador ao home atado na cadeira de metacrilato, suxeito por ligaduras transparentes que apreixaban os seus brazos e pernas, con varios dermo-electrodos sen cable conectados ao cranio rapado.
A voz dun home que, no seu ton tenso e dubitativo por veces, denota estar sendo sometido a interrogatorio, é escoitada con atención polos dous únicos ocupantes da estancia fechada: o Investigador de túnica branca, sentado preto da consola de mandos cunha gran pantalla chea de botóns e de indicadores, e o Asasino, preso na súa cadeira de interrogatorios.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario