18 de agosto de 2013

FERNÁN RODRÍGUEZ REDONDO [B 1614 / V 1147]

FERNÁN RODRÍGUEZ REDONDO [B 1614 / V 1147]

Don Pedro éste cunhado del-Rei,
que chegou ora aquí d'Aragón
con un espeto grande de leitón;
e, pera que vo-lo perlongarei?:

deu por vassalo de si a senhor:
faz sempre nojo, non vistes maior.

Pera se lhi non poder perceber,
ja el tiinha prestes cabo si
aquel espeto, que filhou logu'i;
e que cómpre de vos én máis dizer?:

deu por vassalo de si a senhor:
faz sempre nojo, non vistes maior.

Mui ledo seend', u cantara seus lais,
a sa lidiça pouco lhi durou,
e o espeto en sas mãos filhou;
e pera que o perlongarei máis?:

deu por vassalo de si a senhor:
faz sempre nojo, non vistes maior.

E en tal que lhi non podess'escapar
nen lhi podesse en salvo fogir,
filhou o espeto, en son d'esgremir;
e que cómpre de vo-lo perlongar?:

deu por vassalo de si a senhor:
faz sempre nojo, non vistes maior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario