23 de agosto de 2013

HÉROE DE GUERRA

A ver se alguén sabe de quen é este texto...

HÉROE DE GUERRA
O meu nome é Orson, e son un golfiño. Máis exactamente un golfiño moteado. Son intelixente, moi intelixente. Non tanto como os humanos, aínda que si máis que algún deles. A miña especie sempre foi moi intelixente: xa o demostraron cando abandonaron a sucia terra para regresar ao mar do que nunca deberon saír; ademais, unha especie que practica o sexo polo puro pracer de facelo non pode ser moi estúpida. Aínda que os meus conxéneres son intelixentes, o meu tipo de intelixencia é distinto. Talvez non debería vangloriarme tanto dela, de todos os xeitos non é natural.
Eu non son natural.
Bo, non quero dicir que funcione a corda ou algo parecido. Non, non é iso. Eu estou vivo, só que nacín nun tubo de ensaio e cada vez que vexo unha cristalería sinto a tentación de chamala mamá.
Non podo falar, polo menos non como os humanos, pensaron que con desenvolver o meu cerebro xa tiñan bastante e non se preocuparon por nada máis. Aínda que puidese falar non lles diría nada a ningún deles. Ódiolles, odio todo o que son, os seus corpos fofos e peludos, o son da súa voz, o seu cheiro. Odio o que me fixeron  e odio o que me van a facer.
Non podo falar, pero podo pensar. Oh si, penso a toda hora, en todo momento. 
Estando encerrado nunha piscina de dez metros cúbicos pouco máis se pode facer.
Eles fixéronme o que son, e ódiolles por iso. Antes chamábanme heroe de guerra, agora chámanme asasino.
Xa saben o que se di: non podes fiarche de alguén que sempre sorrí, iso é que trama algo.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario