Arthur Trent ouviu claramente as palabras que cuspía o receptor.
- Trent! Non podes escapar. Interceptaremos a túa órbita nun par de horas. Se
tentas resistir, farémosche pedazos.
Trent sorriu e gardou silencio. Non tiña armas nin necesidade de loitar. En menos
dun par de horas a nave daría o salto ao hiperespacio e xamais o acharían.
levaría un quilogramo de krilio, suficiente para construír cerebros
de miles de robots, por un valor de dez millóns de créditos en calquera mundo
da galaxia, e sen preguntas.
O vello Brennmeyer planeárao todo. Estivérao planeando durante
máis de trinta anos. Era o traballo de toda a súa vida.
- É a fuxida,mociño -dixéralle-. Por iso necesíto. Ti podes
pilotar unha nave e levala ao espazo. Eu non.
- Levala ao espazo non servirá de nada, señor Brennmeyer. Capturarannos no medio
día.
- Non nos capturarán se damos o salto. Non nos capturarán se cruzamos o
hiperespacio e aparecemos a varios anos luz de distancia.
- Levaríanos medio día planear o salto, e aínda que o fixésemos a tempo a
policía alertaría a todos os sistemas estelares.
- Non, Trent, non. -O vello colleulle a man con trémula excitación-. Non a todos
os sistemas estelares, só aos que están nas inmediacións. A galaxia é
vasta e os colonos do últimos cincuenta mil anos perderon contacto.
Describiu a situación nun ton de voz ansioso. A galaxia era xa como
a superficie do planeta orixinal -a Terra, chamábano nos tempos
prehistóricos-. O ser humano espareceraxe por todos os continentes, pero
cada un dos grupos só coñecía a zona veciña.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.