4 de xuño de 2013

Fragmento de Memorias de Tains, de Gonzalo R. Mourullo

CARTA-XORNAL A UN AMIGO

Meu querido André:
MARTES
Por fin ingresou hoxe no sanatorio. Por fin, tras moito tempo de silenzo, collo a pluma para escribirche. Precisamente por iso: porque hoxe ingresou no sanatorio. Todos son a decirme que non haberá novedade. Que todo sairá ben. Pero eu presinto que todo vai cambiare. Que todo o que é agora será distinto. Velaí porqué comezo a escribirche hoxe. Velaí porqué ista carta vai escrita en forma de diario. Un diario, non para min, senón feito para ti. Sinto a necesidade de ir decindo a alguén. Tiñas que ser ti. Todos se foron, ti sábelo ben, morrendo un a un. Non podo decirlle nada do que sinto a ela. Nada podo decirlle de canto sinto e presinto a Lois: ¡é tan neno!

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.