21 de xuño de 2013

FRAGMENTO DE AVIÓNS DE IDA E VOLTA

ALFREDO BRYCE ECHENIQUE
AVIÓNS DE IDA E VOLTA

E pasaron dous anos daquel regreso ao Perú, ao cabo de case sete lustros de ausencia. Todo o calculei con bastante detalle, a partir do día de xullo de 1995 en que, no norteño balneario de Pimentel, tomei a decisión de volver ao meu país. Desde aquel momento, practicamente todo o que fixen estivo en función daquela decisión, e, aínda que vivín momentos de certa impaciencia, oS tres anos e medio que tardei en partir con vultos e petates e aterrar en Lima transcorreron dacordo a un detallado plan que me tivo traballando en lugares tan distintos como New Haven, Las Palmas de Gran Canaria, Montpellier, Formentor e Palma de Mallorca.
E a véspera da miña partida concretouse a venda do departamento madrileño en que vivín os meus últimos dez anos en Europa. Non esquezo aquel día de notarios e bancos e o controlado desastre dunha mudanza perfecta. Pero, definitivamente, un non pode calcular nada, cando de emocións e sensacións trátase. E agora lembro a cantidade de respostas con que me enfrontei á curiosidade de amigos e xornalistas, até o día mesmo da miña partida.
A aqueles que aseguraban que a Europa volvería antes do que canta un galo, adoitaba neutralizalos con estas palabras: "Ou sexa, que no fondo ti o que desexas é que me vaia pésimo no Perú". E a aqueles que querían darlle un contido dramático -e até heroico- á miña decisión, tranquilizábaos lembrándolles que todos os días sae un voo de Lima e aterra en Madrid. Pero tomei este voo Lima-Madrid-Lima varias veces xa e, a verdade, creo que sempre será unha fonte de inesgotables sorpresas, de tremendas emocións e sensacións.
Para empezar, o tempo vólvese totalmente subxectivo e elástico. Pasado, presente e futuro mestúranse unha e outra vez, incontrolable e agotadoramente, agradable e detestablemente. Un é atravesado por ruídos que ve, por cheiros que escoita, por visións que paladea. Lembrarei toda a vida o meu primeiro retorno a Madrid, que, en moitas formas, o era tamén a todas as cidades e países e casas ou departamentos en que vivín.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.