12 de xuño de 2013

IV Outlet do Libro Galego

O Outlet estará aberto na sala de exposicións do Museo de Lugo entre os días 8 e 16 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, agás os domingos, que a institución museística pecha polas tardes. O prezo estabelecido para os libros fondo de catálogo das editoras son de 3 euros por exemplar, 5 euros mercando 2 exemplares e 10 euros por 5 exemplares. En Lugo, a libraría encargada de coordinar o Outlet é a libraría Trama.

Ningún comentario:

Publicar un comentario