Coincidindo coa data do Relato...
En Lugo, polas sete da tarde do día dazaseis de San Xoán de 1950.
Eu andaba a devalar polas rúas. Cando ía pola da Reina, sentín que me chamba miña irmá Ramona, que paseaba candía unhas amigas:
—Ai, Gasparo, que tes carta do tío na casa.
E funme pra casa cáseque correndo.
Meu tío e padriño Gasparo... Afigureimo na súa casa de Godral, aló no Incio, onde xa estivera eu dúas veces, ca regadeira na mao, a regar o xardín, despois de vir visitare os seus enfermos na súa besta ou no seu pequeño e vello "Peugeot" aberto... "Temos polo prá cea... ¿sabes?"
O padriño, o irmao máis novo do pai, era groso e pequenote il, máis ben loiro, con cara de romano. Eslumecía por parolare. Poucos homes conocín tan falangueiros. Todo lle intresaba e de todo parlicaba. O seu galego deixaba adivinar que estivera de médico ñas Marinas, en Mondoñedo, na Terra Cha. Máis outramente, il decía que o seu galego era do Incio.
Era viudo e sin fillos. Andaría polos cincuenta e catro anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.