2 de xuño de 2013

DINÍS, Don [B 1539]

DINÍS, Don [B 1539]

U noutro día seve Don Foán,
a mí começou gran noj'a crecer
de muitas cousas que lh'oí dizer.

Diss'el: «Ir-m'hei, ca ja se deitar han».
E dix'eu: «Boa ventura hajades,
porque vos ides e me leixades».

E muit'enfadado de seu parlar,
sev'i gran peça, se mi valha Deus,
e tosquiavan estes olhos meus.

E quand'el disse: «Ir-me quer'eu deitar»,
e dix'eu: «Bõa ventura hajades,
porque vos ides e me leixades».

El seve muit'e diss'e parfiou,
e a min creceu gran nojo poren,
e non soub'el se x'era mal, se ben.
E quand'el disse: «Ja m'eu deitar vou».

Dixi-lh'eu: «Bõa ventura hajades,
porque vos ides e me leixades».

Ningún comentario:

Publicar un comentario