22 de xuño de 2012

Arredor de si, de Otero Pedrayo (e IV)

Adrián Solovio estivo uns poucos días na Bélxica. Dende Amberes fixo algunhas viaxatas as vilas ilustres, e no grande porto embarcou para A Coruña. Disfrutaba co aspecto de fidalgos campesinos dos señores de barba loira, ollos lonxanos e pipas fumegantes. Impresión de boa xente, apaixonada, capaz de grandes erros e de fortes reparacións, xente que non ten medo do remordemento, e asiste con emoción ó desenrolo das pintorescas procesións campesinas polos sendeiros verdes ou á beira dos cañáis durmidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.