13 de xuño de 2012

Santa Xoana

Obra teatral escrita polo irlandés Bernard Shaw e estreada en Nova York en 1923.

É unha das obras máis coñecidas e alabadas deste autor porque nela se atreve a poñer por terra o mito da pureza e santidad de Xoana de Arco en prexuicio dos insensibles e endemoniados verdugos que a levaron á cacharela.

Neste apasionante drama asístese a unha historia moito máis realista e humana da intensamente curta e azarosa viaxe da heroína francesa. Non hai bos nin malos protagonistas, senón persoas coma as de hoxe con sentimentos pero tamén obrigacións.

 Santa Xoana non sería tratada no presente mellor do que o fixeron no século XV, segundo o autor. O seu xuízo foi moito máis imparcial do que se di, índa con innumerables esforzos para non ter que declarala herexe e ter que queimala.  A Xoana que describe Bernard Shaw é unha xoven inxenua, inmadura,  masculina, non moi guapa e con alucinacións que a fan crer ser a elexida de Deus. Máis so a ela mesma. Os que a seguen fano porque verdaderamente necesitan de alguén con esa enorme fé na victoria contra os ingleses, máis que pola fé que lle profesan a Deus ou ós arcanxeis cos que Xoana decía mediar.


A historia transcurre veloz e dinámica con varios dos máis importantes capítulos das súas andanzas ata o seu xuízo e posterior condena. Ademais dun moi orixinal epílogo no que os mortos dialogan sobre os seus actos anos despois do sucedido e ata se lles aparece un emisario do futuro (1920, ano no que é canonizada pola igrexa).

Son moitos os intentos en toda clase de formatos de reflexar a vida desta inspiradora muller, e achegarse a ela a través de tantas ventás pode difuminar un pouco a súa verdadeira cara.

Máis penso que mirándoa a través das palabras de Bernard Shaw alcanzamos unha lexitimidade difícil de igualar por outras fontes que tratan de crear arte ó redor dunha persoa que xa é arte por ela mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.