25 de xuño de 2012

O Tio Miseria de Enrique Labarta Pose

Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor cunha produción que sobresae polo humor, que se manifesta sobre todo nos contos.
Ver na galipedia

O TÍO MISERIA
Conto, meta deste mundo, e meta do outro


Era o tío Miseria o labrego de máis bon humor de toda a comarca. Daba xenio ver aquel home de cote alegre, risono e churrusqueiro, e sentíase unha comezón de envexa ó miralo tan felís. ¡Vaia si era felís! E tiña porque selo; pois gráceas a Dios ó bon do petrucio nunca lle faltou nada neste mundo... pra morrer de fame.


Pola súa posición social podíaselle chamar burgués a boca chea e ser apuntado no libro roxo dos anarquistas pro día das venganzas; porque o tío Miseria era todo un siñor porpietario, dono ausoluto dunha leira de cinco varas de longo, e dunha casa terrena de moitas comodidades, onde cabían perfeutamente de pe, el, a parenta, un filio i a vaca marela. I eínda quedaba síteo pra catro máis... poñéndose uns enriba doutros.


En canto a comer, na súa casa comíase ben. Pola mañan verzas con auga, ó médeo día auga con verzas, e á noite volta as verzas e volta á iauga. O estógamo do tío Miseria foi consecoente cas verzas toda a vida e gardoulles fidelidade astra a súa morte.
(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.