Narración publicada polo alemán Hermann Hesse en 1919 dentro dun volumen que contiña outras dúas narracións, "Alma de neno" e "O derradeiro verán de Klingsor". Ambas as tres confórmanse nunha etapa crítica na vida de Hesse inmediata á guerra, na que entre outras cousas poría fin o seu matrimonio.
Friedrich Klein é un home que espera atopar unha vida máis natural e significativa en terras sureñas, despois de cometeres un crimen no seu país. Asustado pero entusiasmado lánzase ó seu destiño disposto a abrazar sen rechistar tódos os seus caprichos.
Durante as súas cortas e intensas aventuras no Sur, Klein debátese constantemente entre insanas reflexións e sobre todo na dicotomía entre o ben e o mal, e na existencia dun Deus que posúa ambas características.
¿Mais quen é Wagner? Wagner é o mal na forma do embriagador e pasional músico alemán, e tamén na dun profesor que según relata o xornal asasinara a toda a súa familia antes de suicidarse, e os que Klein criticou e odiou hipócritamente de xoven.
¡E e que Klein era bo! Era... antes de abandonar á monotona e acomodada vida burguesa deixando atrás a muller e fillos e un banco enteiro sen reservas.
Mais Klein dubidará posteriormente si é bo ser malo, ou malo ser bo, para preguntarse a continuación qué é ser bo e qué ser malo, e para finalmente poñer en dúbida a verdadeira existencia de tales conceptos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.