Son innumerables todo tipo de alusións a personaxes e temas do momento que dan a esta colección un marcado carácter histórico, que sen embargo se nos antoxa fresco e vivo gracias á xenial soltura lírica do prolixo novelista madrileño.
Velaquí un fragmento moi actual dun dos artigos:
" Onte comentaba eu a victoria intercontinental do Atlético de Madrid. E despois de escribir a crónica quedeime a preguntar qué traxedia, desgraza ou catástrofe natural nos ameazaría, e por onde, xa que cando pasa algo grave no país, sempre hai un gran triunfo deportivo a man para tapar as cousas. Posto que agora se produciu ese triunfo deportivo, demos supor que por debaixo se masca a traxedia, coma no Oeste.
Por exemplo, don Ernesto Giménez Caballero. Entérome hoxe que don Ernesto foi proposto para a Academia Española por un montón de firmas, e ó marxe de todos os trámites legais, como denuncia hoxe Cortés-Cavanillas. Ó mellor era ésta a catástrofe natural que quería taparse coa victoria do Atlético. Don Ernesto publica hoxe en "ABC" un artigo que titula "Asturias ou o misterio de España". O artigo está cheo de iso que Ridruejo chamou, referíndose a Giménez Caballero, "fáciles simplificacións". Pero entre esas fáciles simplificacións, o autor non encontrou un oco para falarnos da permanente traxedia mineira de Asturias, baixo cuxo solo traballan, sofren e morren os obreiros máis esforzados de España. (...) "
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.