27 de agosto de 2021

Inicio CONTOS BREVES E EXTRAORDINARIOS

JORGE LUÍS BORGES & ADOLFO BIOY CASARES 
CONTOS BREVES E EXTRAORDINARIOS 
 
NOTA PRELIMINAR 

Un dos moitos agrados que pode fornecer a literatura é o agrado do narrativo. Este libro quere propor ao lector algúns exemplos do xénero, xa referentes a sucesos imaxinarios, xa a sucesos históricos. Interrogamos, para iso, textos de diversas nacións e de diversas épocas, sen omitir as antigas e xenerosas fontes orientais. A anécdota, a parábola e o relato achan aquí hospitalidade, a condición de ser breves. 

O esencial do narrativo está, atrevémonos a pensar, nestas pezas; o demais é episodio ilustrativo, análise psicolóxica, feliz ou inoportuno adorno verbal. Esperamos, lector, que estas páxinas che divirtan como nos divertiron a nós.  

 J.L.B. e A.B.C., 29 de xullo de 1953 

Ningún comentario:

Publicar un comentario