31 de xullo de 2016

Fragmento de Saxo Tenor

Texto de Roberto Vidal Bolaño, nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego.

O Home Serio: (Interrompéndoa) ¡Xa discutimos iso no seu momento! Fixen o máis que podía facer, buscarlle un traballo. Rexeitouno porque ti lle deixaches facelo.
A SEÑORA ELEGANTE: ¿Preguntácheslle se era o que el quería?
O home Serio: ¡Baixa da nube, ¿queres?! ¿Quen pode hoxe escoller?
A SEÑORA ELEGANTE: Ti puideches. Escolleches deixalo tirado na rúa, ignorar que existía, esquecer que pese a todo seguía a se-lo teu fillo, calquera cousa antes de o axudar a que fose o que quería ser.
O Home Serio: Nin tiña talento dabondo para ser bo.
A SEÑORA ELEGANTE: Non quería se-lo mellor, só quería ser músico.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.