6 de xullo de 2016

A pintura de signos e formas abstractas no Paleolítico

A pintura de signos e formas abstractas no Paleolítico.
 
A abstracción nace no mesmo momento no que comeza a arte como forma diferenciada e complementaria da representación simbólica figurativa. Os signos, de difícil e discutible interpretación, con formas moi variadas, creando conxuntos homoxéneos ou mesturados con animais ou seres humanos, ofrecen un variado repertorio gráfico: puntuacións en serie, liñas curtas verticais ou oblicuas, rectángulos con cuadrículas no seu interior (tectiformes), óvalos abertos ou pechados, cunha liña central no sentido do eixo máximo (vulvas), etcétera. Se no caso dos animais ignórase o porqué das representacións, no dos signos o problema é aínda maior, pois o seu esquematismo e a súa abstracción, son tales que o seu significado se nos escapa.

En España, aparecen signos e formas abstractas nas covas da zona do Cantábrico.

O investigador A. Leroi-Gourhan cre que estas imaxes abstractas forman parte dun plan concreto de organización dos símbolos que teñen unha función ritual-máxica. Reduce os signos a dúas categorías: a masculina ou a feminina. Segundo esta interpretación serían pois formas sustitutorias da representación dos órganos sexuais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.