12 de xullo de 2016

Texto de Zardigot, de Euloxio Rodríguez Ruibal

ESTRELA

Algún tempo despois,
marchei eu na súa procura.
Xa non podía vivir naquela vila,
naquela casa...
¡Sempre cos ollos pechos,
sen me atrever a ollar a ninguén á cara...!
Boteime polo camiños,
coa esperanza
de poder atopar ao meu fillo,
de convencelo
e de poder volvelo á casa...
Percorrín xefaturas militares
para saber o seu paradoiro
e, como agardaba,
tiven que dirixirme
a lonxanas terras,
onde a loita era máis forte.
Nun velleiro tren de terceira
fixen a primeira parte da viaxe.
Logo xa non foi tan doado:
algún camión, un que outro carro...
e a pé a maioría das veces.
Escuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.