Atópome na o fondo dunha clase, estamos todos de pé, é unha clase de pintura, temos varias mesas como as dunha barra dun bar que cruza a clase, sobre elas pomos os nosos enormes folios especiais para pintar.
Eu tiña un compañeiro á miña dereita, un home adulto, tiña a cara chea se marcas faciais, coma se tivese unha vida intensa e chea de obrigas. Á metade da clase o decide que ten que marchar, espérao un labor importante, encárgame a min que garde os seus debuxos até a próxima, el non pode levalos á reunión.
Pouco despois doume conta de que teño demasiados debuxos que levar, tento collelos todos coas mans e camiño á saída cos brazos estendidos esperando que secase a pintura.
Como podo saio da clase.
Atópome só, fóra atópome de fronte cun gran outeiro de céspede verde, aínda que sei que é unha fachada tan só.
No pico do outeiro víase un saínte metálico cuns portelos, aos arredores desta, o outeiro sacaba enormes chemineas de varios metros de altura.
O outeiro de verde céspede era a fachada que construíran para a maior fábrica de toda a cidade e a saber canto máis.
Nos seus bos tempos lembrei que traballan 5000 persoas. Hoxe está a maioría parada, coloreada por dentro con oxido.
Achégome á cima, abro unha trampilla e podo ver o que esconde, un inmenso baleirou ocupado con ferros e tubaxes, a profundidade que tiña era moito maior que a altura do outeiro, cando me fixe á parte de ter certa vertixe pensei no bo sitio que sería para facer paracaidismo.
DRD
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.