11 de xullo de 2016

Economía Aplicada

Economía Aplicada

Atópome nunha cidade moi poboada. Estou cuns coñecidos falando, un deles acababa de saír do traballo, traballaba para un banco, a conversa tiña lugar á beira mesmo, de feito algúns estabamos medio apoiados na súa parede de pedra.

Ese mesmo home que traballaba alí estábanos contando unha historia sobre o que se facía dentro, dicía que podía demostrar con que cara traballaban.

Entrou no banco e encárgome que fose pedir cambio de 10 euros. Ao intre está no portelo, achégome e doulle o diñeiro, dentro empeza a facer un paripé, no medio da actuación métese no portelo outro home, este di ser un inspector, saúdanse cordialmente e o saca os papeis pertinentes, o meu amigo pouco despois saca 35 euros e "grazas pola súa visita señor".

Márcho coma se nada pasase e paro cos meus amigos a falar do asunto.

Os meus amigos marcháronse, eu quede medio vagando pola cidade esperando que o meu irmán terminase de traballar, traballaba nun banco.

Eu espérolle na beirarrúa oposta ao banco, mirando que andan facendo. Un home con aspecto de vagabundo párase nunha caixa de correos apoiada, empezando a falarme da economía e a banca. Entón un ballón empezou a mollalo todo, nós dous quedamos inmóbiles observando o local.

No segundo piso do local tiña decorado, publicidade e papeis. Entón vin saír ao meu irmán cun par de mozas vestidas de camisa branca, elas puxéronse fóra, unha trataba de coller un decorado que parecía pesar tanto como as súas débedas, a outra só púñase a dirixir, e o meu irmán tiña que levar a dentro un saco cheo de cartas, cando o meu irmán recibía a súa orde o parecía unha muller, movíase dunha maneira rara, ata que antes de entrar mírame e faime un xesto positivo coa man, nese momento si que tiña a cara do meu irmán.

O home apoiado na caixa de correos non sabía se estaba a esperar pola miña ou se se quedou alí para mirar como aquelas mozas ben vestidas mollaban as súas camisas, aínda que non o dixese, o home tiña a ilusión de que se lle rompesen algúns botóns.

DRD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.