15 de novembro de 2021

Xadrez de Outono

Os Torneos de Outono son una actividade do noso club de xadrez co apoio do Concello da Coruña.

É unha proba aberta a tódolos interesados. Poden participar tódolos xogadores que o desexen que sexan estudantes da UDC ou ben teñan licenza federativa en vigor (consultar en caso de non tela).

As probas presenciais terán lugar no Centro Universitario de Riazor, sede de INCUDE, na rúa Almirante Lángara de A Coruña.

Venres 19/11/2021

Torneo Lóstrego.
20,30 – 21,30 aproximadamente.
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado.
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes recibirán unha máscara FFP2.

Torneo Lóstrego Online. 
22,30-23,30 
A través de Lichess e o club que mantén a Asociación Galega de Axedrecistas nesta plataforma.
Para participar é obrigatorio estar rexistrado no Club antes comentado (é de balde). Información para facerse premendo AQUI
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado (terá que recollelo na sede do Club).

Sábado 20/11/2021

Torneo de pasapezas.
17,30 – 18,30 aproximadamente.
Partidas lóstrego desta divertida modalidade. O noso CAMPIONATO DO MUNDO.
Premio: Trofeo para os dous componentes da parella gañadora.
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes nalgunha das actividades da tarde recibirán unha máscara FFP2.

Liga de Outono por equipos.
18,30 – 21,00 aproximadamente. 
Torneo de partidas a 10' + 3'' para equipos integrados por 3 persoas.
A clasificación será por resultados globais dos encontros, sendo os puntos dos taboleiros o desempate.
Premios: Trofeos para os tres primeiros equipos.  
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes nalgunha das actividades da tarde recibirán unha máscara FFP2.

Domingo 21/11/2021

Torneo de Outono
Torneo de partidas a 10' + 3''. Suizo a 5 roldas. (17,00/17,30/18,00/18,30/19,00)
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta e tres primeiros na categoría sub12. Medalla para todos os participantes sub12.
Cota: 2 euros e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes recibirán unha máscara FFP2.

Campión da Combinada: 
O campión da combinada resultará da aplicación do sistema cotián de circuitos de INCUDE nas cinco probas anteriormente descritas.

Outras probas dentro da serie de torneos de outono: Os Torneo Escolar de OutonoCircuito de Outono non se disputarán durante esta fin de semana e retomaranse na seguinte.

Advertencia 1: Dacordo coa normativa COVID aprobada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Xadrez esta proba que non vale para ELO será considerada unha actividade de adestramento. Os asistentes ou os seus pais deberán cubrir o formulario de aceptación de riscos antes do inicio do torneo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.