12 de novembro de 2021

Inicio de A CAZA DO SNARK

A CAZA DO SNARK
Lewis Carroll

A CAZA DO SNARK unha Agonía en Oito Espasmos

PREFACIO:
Se, e isto é algo desatinadamente posible, acusásese o autor deste breve, pero instructivo poema, de escribir bobadas, estou convencido de que dita acusación estaría baseada no seguinte verso: Entón o bauprés e o temón confundíanse en ocasións.
En vista desta dolorosa posibilidade, non apelarei indignado (como podería facer) aos meus outros escritos para demostrar que son incapaz de algo semellante; non aludirei (como podería facer) ao forte propósito moral deste poema, nin aos principios aritméticos tan precavidamente inculcados nel, nin aos seus nobres ensinos de historia natural. Prefiro adoptar o procedemento máis prosaico de explicar simplemente como ocorreu todo.
O capitán, que era especialmente sensible en canto ás aparencias, adoitaba facer que o bauprés fose desembarcado unha ou dúas veces por semana para vernizalo e en máis dunha ocasión, ao chegar o momento de volvelo a pór no seu sitio, non había ninguén a bordo que soubese a que extremo do barco pertencía. 
Todos sabían que non servía de nada consultar ao capitán, xa que este simplemente referiría o seu Código Naval e lería en voz alta e patética as Instrucións do Almirantazgo, que ninguén no barco entendía, así que xeralmente terminaban por suxeitalo, como podían, sobre o temón. O temoneiro 
adoitaba observar todo isto con bágoas nos ollos: el sabía que estaba mal feito, pero, ai!, o artigo 42 do Código: "Ninguén falará ao Home do Temón", fora completado polo mesmísimo capitán coas palabras: "e o Home do Temón non falará con ninguén". Así que queixarse era imposible e até o seguinte día que tocase vernizar non podería realizarse ningún movemento co temón. Durante eses desconcertantes intervalos, o barco normalmente navegaba cara atrás.
(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.