3 de novembro de 2021

Inicio de Delirios e certezas

Delirios e certezas
Chiquita Barreto Burgos

A nena do violín
           
Teresa traballaba coa familia León desde os dezaoito anos. Facía vinte.
Pagábanlle ben. Tratábanlle ben.
Até lle compraron un terreo e axudáronlle a construír unha casiña, para que tivese un teito onde gorecerse do orballo otoñal dos anos e non se humedecese de congoxa as súas hábiles mans nin se nublara polo desamparo a súa eficiencia doméstica.
Era como da familia.
Con todo, Teresa gardáballe á súa patroa un profundo rancor, como un río subterráneo, hábilmente disimulado en comidiñas de enfermos e tes preparados con veneración case amorosa á señora eternamente indisposta e irrealmente fermosa.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.