23 de novembro de 2021

Inicio de LADRÓNS DE ZANGABAL

LADRÓNS DE ZANGABAL 
LIN CARTER 

Medio millón de anos antes de que o primeiro faraón gobernase xunto ás ribeiras do Nilo, ou de que se colocase a primeira pedra nas fundacións de Ur ou de Caldea, a civilización espertou na xungla selvática da antiga Lemuria, o Continente Perdido do Pacífico. O máis grande guerreiro de toda aquela época primitiva foi coñecido como Thongor o Poderoso, heroe bárbaro e aventureiro nómade dos desertos xeados das terras do norte, que pelexou, guerreou e batallou, abríndose camiño por todo aquel mundo perdido de salvaxismo e feiticeiría, até o trono da primeira gran civilización humana, o Imperio Dourado do Sol. A saga da elevación de Thongor ao trono do Oeste foi narrada nunha serie de cinco novelas, pero aquí, impreso por primeira vez, atópase a historia dunha das súas primeiras aventuras. Ten lugar oito meses antes dos acontecementos narrados na primeira novela sobre Thongor O feiticeiro de Lemuria, no Ano dos Reinos do Home 7007, cando Thongor era un mozo guerreiro de 25 anos. 

1. NO MEDIO DOS SETE DEUSES 
O sacerdote Kaman Thuu era vello, delgado e esquelético. Envolvíase o seu escuálido corpo cunha 
túnica de veludo vermello, sobre a que se bordadran, con fío de ouro, os símbolos dos Sete Deuses de Zangabal. Nos seus delgados dedos brillaban e refulxían aneis preciosos, e os seus ollos ardían, cunha mirada aguda e penetrante, na súa cabeza pelada, parecida a unha caveira. 

-Estamos de acordo, entón -rumoreou con satisfacción-. Por vinte pezas de ouro roubarás a casa de Athmar Phong, o mago, e entregarasme o espello de cristal negro que atoparás no seu taller. E esta tarefa realizarala esta mesma noite. 

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.