3 de xullo de 2021

Don Gaiferos

Chegaron a Compostela e foron 
á catedral, desta maneira falou 
Gaiferos de Mormaltán: 

-"Gracias, meu Señor Santiago, 
aos vosos pés me tes xa. 
Se queres tirarme a vida, pódesma, 
señor, tirar, 
que eu morrerei contento 
nesta santa catedral". 

E o vello das brancas barbas 
caeu tendido no chan. 
Pechou os seus ollos verdes 
verdes como a auga do mar. 
O bispo que isto veu, 
alí o mandou enterrar: 
Así morreu, meus señores, 
Gaiferos de Mormaltán. 
Este é un dos moitos milagres que 
Santiago Apóstolo fai. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario