462.- Elefante.- O gran elefante posúe por natureza o que de cando en cando se atopa nos homes: probidade, prudencia, equidade e observancia relixiosa. Ao renovarse a Lúa, vai a purificarse nos ríos, lavándose solemnemente e, despois de saudar ao planeta, volve ás selvas. Cando enferma, bótase co lombo sobre o chan e arroxa herbas cara ao ceo coma se quixese facer un sacrificio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.