Jean Maurice Eugène Clément Cocteau naceu o 5 de xullo de 1889 en Maisons-Laffitte, unha pequena cidade preto de París. Fillo de Georges Cocteau e de Eugénie Lecomte. En 1898 Georges Cocteau, rentista fillo de avogados, suicidouse disparándose unha bala na cabeza. Isto, xunto co posterior traslado de Marthe e Paul ao fogar dos seus avós, fixo que Eugénie Lecomte fose unha nai
sobreprotectora co pequeno Jean.
En 1900 ingresou no Lycée Condorcet, do que foi expulsado por indisciplina no ano 1904. En 1906
ingresou no Lycée Fénelon, onde nunca logrou un rendemento regular, por culpa do seu pouco interese.
En 1908, Édouard de Max, fanático da poesía do mozo Cocteau, presentouno nunha Matinée Poética no Théâtre Muller, onde non dubidou en declaralo como un novo prodixio da poesía. Aínda non cumprira 20 anos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.