ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VII
Entón Pondal colle a McPherson e os poemas ossiánicos e escribe el "Queixumes dos pinos" que son unhos poemas ossiánicos. Claro Pondal non sabía celta e tiña que inventar nomes para os celtas ¿que fai? colle os nomes das aldeas de Bergantiños, da Terra de Xallas, de Ponteceso, de Carballo, de Camariñas, de Xornes, de Ponteceso e estos nomes de lugares, estes nomes de bosques ou estes nomes de montes ou de ríos transfórmaos en nomes de celtas, en nomes de fermosísimas rapazas, en nomes de grandes reises, hai un pinar que se chama (Gundar.) bueno pois entón vai Pondal e inventa unha fada que se chama (Gundar...) que ten o cabelo de ouro... en fin á parte de mesturar con eles nomes como de Fingal, un dos heroes típicos dos poemas macphersonianos, e entón de aí vén xa está incontenible riada: os galegos somos celtas, están aí ademais os "Queixumes dos pinos"; somos irónicos e excépticos coma os celtas, somos racionalistas, amigos dos panaceos coma os celtas, somos amigos das recomendacións como os celtas, que tiñan un carballo e un dios metido nun carballo para poder mandar as recomendacións. Para colmo, nos procesos de inquisición que para Santiago que publican Tetamancy e Neira de Mosquera, resulta que un dos demos que máis circulan nos procesos de inquisición galega é o famoso Astarot que se chama Astarote nas bruxas dos procesos daquel tempo, e é aínda moi coñecido en certos lugares de Galicia. Eu teño localizado en tres ou catro sitios persoas que vamos, que falaban de Astarot e traballaban un pouco con el. Entonces este Astarot é amigo da xente rica, é amigo de facer favores, e xa no Talmud os xudeos consideran que é...., ah ben, hai que decir unha cousa que é que cando a rebelión dos ánxeles contra dios houbo un grupo que quedou neutral, e este grupo neutral, esta terceira forza, quen a mandaba era o demo Astarot. Pero entonces Deus dixo "¿Ah si? ¡Ó inferno todos!, porque está ditos nas escrituras que Deus vomitará os tibios", de modo que os neutrales tamén os mandou ó pozo e Astarot era o xefe deles. De modo que este home da terceira forza, polo tanto quere estar a ben con todos, especialmente cos ricos e é un avogado das recomendacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.