1 de marzo de 2018

Inicio de Que é España?

Que é España?
MANUEL VÁZQUEZ MONTALBÁN

Se o Estado español tivera pasado do vello imperialismo depredador ao novo imperialismo da era da revolución industrial, probablemente preguntas como: Que é España? motivadora dun encontro entre talentos buscadores de entidades nacionais, non terían sentido. Os imperios que souberon ou puideron adaptarse a novas regras e condicións de hexemonía, como o francés, o inglés ou o norteamericano non se expoñen que son, por máis que a súa unidade nacional sexa recente (Estados Unidos de América) ou baseada nun consenso de intra-nacionalidades (o Reino Unido). A debilidade consensual do Estado suscita problemas metafísicos e esa debilidade, basicamente económico-política, provoca tantas doses de metafísica como de represión.

...
   

Ningún comentario:

Publicar un comentario