Xulio Verne
Unha cidade flotante VI
CAPÍTULO II
A cuberta aínda non era mais que un inmenso estaleiro entregado a un exército de traballadores. Non podía convencerme de que aquilo fose un buque. Moitos miles de homes, xornaleiros, mariñeiros da tripulación, maquinistas, oficiais, curiosos, cruzábanse, relacionábanse sen incomodarse, uns pola ponte, outros polas máquinas, uns agrupados, outros dispersos, pola xarcia, entre a arboradura, todos formando un revoltixo imposible de describir Aquí, garruchas voantes elevaban enormes pezas de fundición; alá, cabrias de vapor izaban pesadas vigas: sobre a cámara das máquinas balanceaba un cilindro de ferro verdadeiro tronco de metal; cara á proa, as vergas rubían; xemindo, ao longo dos masteleiros; cara á popa, alzábase unha andamiada que ocultaba, sen dúbida, un edificio en construción. Edificábase, encaixábase, cepillábase, pintábase, cravábase, en incomparable desorde.
A miña equipaxe estaba xa trasbordada. O capitán Anderson non se achaba aínda a bordo, pero un dos seus subordinados instaloume, cos meus fardos, nun camarote de popa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.