31 de marzo de 2018

Unha cidade flotante XII

Xulio Verne
Unha cidade flotante XII

Por espazo de cinco días proseguiron os traballos con febril actividade. Os atrasos prexudicaban notablemente á empresa dos fretadores, pero os contratistas non podían facer máis. A partida fixouse irrevocablemente para o día 26 de marzo. O 25, a cuberta do Great-Eastern estaba aínda obstruida por todo o material suplementario.
Pero durante este último día, a cuberta, as pasarelas, os camarotes desocupáronse aos poucos; desfixéronse as estadas, desapareceron as garruchas; deuse por terminado o axuste das máquinas; golpeáronse os últimos pasadores e apertáronse os parafusos nas últimas porcas; as pezas bruñidas recibiron un verniz branco que debía preservalas da oxidación durante a viaxe; enchéronse os depósitos de aceite; a última placa descansou, por fin, sobre a súa mortalla metálica. Aquel día fixo o enxeñeiro a proba das máquinas. Unha enorme cantidade de vapor precipitouse á cámara destas.
Asomado á escotilla, envolvido naquelas cálidas emanacións, non me era posible ver nada, pero oía como os longos émbolos xemían ao percorrer as súas caixas de estopas e como oscilaban con ruído os grosos cilindros sobre os seus sólidos apoios.
Un forte fervor producíase baixo os tambores, mentres as pas golpeaban lentamente as augas turbias do Mersey. Cara á popa, a hélice azoutaba as ondas coa súa cuádrupla rama. As dúas máquinas, independentes entre si, estaban prontas a funcionar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario