19 de marzo de 2018

Santo Antón

O castelo de Santo Antón foi construído no século XVI, e formaba parte, xunto co castelo de Santa Cruz e o castelo de San Diego, hoxe desaparecido, da rede de castelos e baterías para a defensa da cidade.

No lugar que hoxe ocupa o castelo, e que era un illote próximo ao porto da Coruña, existía a finais da Idade Media unha capela dedicada a santo Antón e nela confinábanse os navegantes con algún mal.

Xa na visita á Coruña de Carlos V o 14 de abril de 1520, o Consello da cidade fíxolle chegar a necesidade existente de contar cunha boa defensa para facer fronte aos ataques dos barcos ingleses.

Non foi ata o ano 1528 que escolleron a illa de Santo Antón como o lugar para a construción dunha fortaleza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.