8 de marzo de 2018

Inicio de A BIBLIOTECA UNIVERSAL

A BIBLIOTECA UNIVERSAL
Kurd Lasswitz

- Veña a sentar ao meu lado, Max - dixo o profesor Wallhausen -, e deixe de rebuscar no meu escritorio. Asegúrolle que nel non hai nada que poida utilizar para a súa revista.
Max Burkel achegouse á mesa da sala de estar, sentou lentamente e tendeu a man cara á xerra de cervexa.
- Bo, entón prosiga. Alégrame volver estar aquí. Pero, diga vostede o que diga, segue tendo que escribir algo para min.
- Por desgraza, non teño ningunha boa idea neste momento. Ademais, xa se están escribindo e, desgraciadamente, imprimindo demasiadas cousas superfluas...
- Iso é algo que non necesita dicirllo a un director de revista tan atareado como o seu seguro servidor. Con todo, a miña pregunta é: Que é o realmente superfluo? Os autores e o seu público non logran porse de acordo en absoluto respecto diso. E o mesmo ocorre cos directores de revista e os críticos. Bo, as miñas tres semanas de vacacións acaban de empezar. Mentres tanto, que se preocupe o meu axudante.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario