Xulio Verne
Unha cidade flotante IX
Por que tanto atraso? Por que tanta compostura nun buque relativamente novo? Diremos, sobre isto, algunhas palabras.
Logo dunhas vinte travesías entre Inglaterra e America, unha das cales foi sinalada por accidentes moi graves, a explotación do Great-Eastern quedou momentaneamente abandonada. Aquel inmenso barco, disposto para o transporte de viaxeiros, non parecía servir para nada: a desconfiada caste dos pasaxeiros de ultramar desprezábao. Despois do fracaso das primeiras tentativas para establecer o cable sobre a súa meseta telegráfica (mal éxito, debido en gran parte á insuficiencia dos buques que o transportaban), os enxeñeiros acordáronse do Great-Eastern. Só el podía almacenar ao seu bordo aqueles 3.400 quilómetros de arame, que pesaban 4.500 toneladas. Só el podía, grazas á súa indiferenza aos embates do mar, desenvolver e mergullar aquel inmenso calabrote. Pero a estiba do cable no buque esixiu coidados especiais. Quitáronse dúas caldeiras de cada seis e unha cheminea de cada tres, pertencentes á máquina da hélice, e no seu lugar dispuxéronse vastos recipientes, para aloxar o cable preservándoo unha capa de auga das capas atmosféricas. Deste xeito, o fío pasaba daqueles lagos flotantes ao mar, sen sufrir o contacto da atmosfera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.