14 de marzo de 2018

Unha cidade flotante II

Xulio Verne
Unha cidade flotante II


Ao deixar a estación dirixinme á fonda de Adephi. A partida do Great-Eastern estaba anunciada para o 30 de marzo, pero, desexando presenciar os últimos preparativos. pedín permiso ao capitán Anderson, comandante do buque; para instalarme desde logo a bordo. O capitán accedeu con moita finura.
Baixei ao día seguinte, cara aos fondeaderos que forman unha dobre fila de docks nas beiras do Mersey. As pontes xiratorias permitíronme chegar ao peirao de New-Prince, especie de balsa móbil que segue os movementos da marea e que serve de embarcadoiro aos numerosos botes que fan o servizo de Birkenhead, anexo de Liverpool, situado na beira esquerda do Mersey.
Este Mersey, como o Támesis, é un insignificante curso de auga, indigno do nome de río, aínda que desemboca no mar. É unha vasta depresión do chan, chea de auga, un verdadeiro buraco, propio pola súa profundidade, para recibir buques do maior calado, talles como o Great-Eastern, a quen están rigorosamente vedados case todos os portos do mundo. Grazas á súa disposición natural, eses dous regatos, o Támesis e o Mersey, viron fundarse nas súas desembocaduras dúas inmensas cidades mercantís, Londres e Liverpool; por idénticas causas existe Glasgow sobre o regato Clyde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.