15 de setembro de 2015

NENAS E MONUMENTOS

Tiñamos medo á reacción das nenas ante un eventual atracón de monumentos. 
Pánico á mamá abúrrome, estou cansa, podemos tomar un xeado, porfi, ou volver a casa e acender a tablet. 
Pero portáronse como dous xabatas celtíberas, e cando se cansaban do ladrillo dos seus pais arquitectos sabían atopar o seu microcosmos lúdico, e o mesmo contaban buses vermellos que se marcaban un Peter Pan e Wendy fronte á Capela de Enrique VII da Abadía de Westminster ou un esplendor na herba aos pés da Torre do Parlamento, nesa herba longa e acolchada que convida a esquecer ao instante a explicación de papá petardo -recentemente lida- sobre a composición da Cámaras dos Lores e a Cámara dos Comúns. 
Alí tombadas, pensando nos seus M&M's, alleas a todo Parlamento.

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.