203.- Quen che move, home, a abandonar as túas propias habitacións da cidade, a deixar os teus parentes e amigos, a ir por lugares campestres, por montes e vales, se non é a beleza natural do mundo, a cal, aínda que o consideras, só co sentido da vista podes gozar?
E se o poeta pretende entón rivalizar co pintor, por que non aproveitas a descrición que fai el de tales sitios, e quedas en casa, ao abrigo da excesiva calor do sol?
Non conseguirías dese modo algo máis útil e menos fatigoso, dentro dun ambiente fresco, sen necesidade de movemento, sen perigo de enfermidade?
Sen dúbida; pero a túa alma xa non podería gozar do beneficio dos ollos, xanelas da súa habitación; non podería recibir as imaxes dos alegres sitios, non podería contemplar os umbrosos vales regados polos arroios que serpentean a xogar, nin ver as variadas flores con cores que forman unha harmonía visual, nin, en fin, todas as outras cousas que soamente os ollos poden percibir.
Pero se o pintor na estación fría e triste do inverno, móstrache eses mesmas paisaxes e outros que fosen teatro dos teus praceres; se xunto a algunha fonte podes verche de novo, amante coa túa amada, sobre os prados frorecidos, baixo a doce sombra das verdes árbores, non experimentarás un pracer máis grande que ouvindo o mesmo efecto descrito polo poeta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.