12 de setembro de 2015

Aniversario de Stanislaw Lem

Tal día como hoxe, doce de setembro, nacía en 1921 Stanislaw Lem, escritor polaco ao que lembramos cada ano nesta data.

Fragmento de Ciberiada

- Se eu rompese a túa cabeza, tampouco vería nada, salvo electróns, é obvio - dixo Clapaucio -. Supoño que finxes non entender o que expoño, porque sei que non es un parvo. Ao disco de gramófono non lle farás preguntas, o disco non pedirá clemencia nin se axoenllerá diante túa. Non se sabe, dis, se aqueles seres ximen baixo os golpes só porque así llo insuflan desde dentro os electróns, ou porque senten unha dor real e verdadeira. Valente diferenciación! O que sofre non é quen che entregue o seu sufrimento na man para que o tentees, mordisquees e peses, senón o que se comporta como unha persoa que sofre! Demóstrame deseguido que eles non senten nada, que non pensan, que non existen como seres conscientes de permanecer entre dous abismos do non ser, o antes do nacemento e o de despois da morte, demóstramo, e deixarei de molestarche! Demostra que finxiches e non creado o sufrimento! 

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario