25 de setembro de 2015

Inicio de A noiva mecánica

A noiva mecánica
por Gerald Arthur Alper

Saíu dun profundo soño, demoníaco, convencido ao fin -dez mil razoes subconscientes así llo murmuraban- que a súa amada era mecánica, como todas as demais. Non era unha cousa demasiado extravagante. Segundo os seus recortes de xornais, en Manhattan descubríronse xa tres casos. Aínda que en cada un deles fora precisa unha autopsia, solicitada polo enganado aínda que nada receloso 
amante, para descubrir o fulgurante segredo. 
-Por que non ten fillos? -lamentábase, prisioneiro agora da súa idea, mentres se paseaba miserablemente polo bonito dormitorio do segundo piso: unha das nove atrevidas habitacións da casa de campo rococó con cheminea, completada cunha esplendorosa escaleira, grandes vitrinas, relucentes revestimentos de espellos e un augusto patio, que un muro separaba do tráfico. 
-Ou por que está tan marabillosamente contenta? 
E por que tamén lle visitaban a el sons prohibidos nos seus soños: distantes aullidos de sirenas, ou fortes maullidos de gato, o tañido dunha apagada campá, ás veces un melodioso zumbido ascendente? Lembrou un remoto soño difuso no cal se imaxinaba á súa amada, cos brazos estendidos fronte a ela, o rostro conxestionado e azul, babeante no seu soño, só que a súa voz chillona era, repulsivamente, a dun xoguete. "Sangrara algunha vez ante os seus ollos? -preguntábase-. Presenciara el algunha vez o seu vivo fluxo de sangue?" 
Sumido en tal perplexidade, apartou o florido e pesado edredón do torso da súa amada -a que durante dous anos repousara serenamente así cada noite, afundida de maneira parecida entre os almofadóns de satén- e con ansiedade case metafísica, examinouna desde diversos ángulos: riciños de cabelo louro como o mel que caían desde as tempas, suaves como as dun neno, até os fráxiles ombreiros, os seus vehementes beizos entreabertos, unha lozanía relucente nas fazulas, brillantes pálpebras asucadas de veniñas, unha pel lisa, fresca e resplandeciente.  
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario