Sabarís era quen lle daba ben polo pau. Moito discutiran aquel ano. Eu deixábaos, pero no fondo gustábame cando Sabarís o vencía. Discutían por todo. No da folga estiveran enfrontados radicalmente. Sabarís ríase sempre da seriedade que Maximino ile daba ó asunto, coma se fose algo de verdade, coma se en realidade puidese saír daquel enredo algo para a historia. Iso. Historia. O Maximino falaba, acórdome ben, de que estaba acontecendo algo histórico. O Sabarís era o demo. E1 dicía que onde mellor se facía a historia era tomando viño e ligando chavalas. A min paréceme que se andaba tanto con Sabarís era polas posibilidades que me abría coas mulleres. Era curioso: Maximino pasaba e despreciaba ás mulleres, coma se fosen seres inferiores. Non pensará agora así da súa, supoño. Gustar tiñan que lle gustar. Casou hai pouco. Non se quería distraer con mulleres. Estaba atento ó seu. Fillos paréceme que non ten. Estes triunfadores casan e non teñen fillos. Fan ben.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.