24 de febreiro de 2014

Inicio de UNHA MANCHA NA PAREDE

UNHA MANCHA NA PAREDE
POR VICENTE MARTI

Eran xa case as doce e media cando eu, aínda sentado no sombrío estudo da miña casa na praia, armado con afiada pluma e envolto na armadura do meu batín de pano, dispúñame a finalizar a miña velada creadora, apagar as lámpadas de aceite que iluminaban a estancia mentres me preparaba mentalmente para caer entre os abrandados brazos de Morfeo durante toda aquela noite invernal do 16 de febreiro. 

Lentamente terminei de retocar cun lixeiro trazo da miña pluma aquel poema ao que estivera dando voltas toda a tarde. Pero, a pesar de ter un forte sentimento intuitivo ao redor dos primeiros versos, finalmente observei abatido que volvera a escribir un daqueles  poemas, entre vulgares e simbolistas, cunha forza estética (se é que tiñan algunha) que era sen dúbida o enganoso froito subxectivo da miña vontade frustrada e non dun marabilloso arranque de xenialidade literaria. 
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.