140.- Se ti dis que as ciencias recoñecidas verdadeiras son de especie
mecánica, por canto non poden levar a fin doutro xeito que
manualmente, eu direi o mesmo de todas as artes que aplica o escultor,
as cales son da especie do debuxo, que é só unha parte da
pintura; pero tamén a astronomía e outras ciencias pasan polas
operacións manuais, aínda que empezan por ser mentais, como o é a
pintura, a cal reside primeiro na mente do artista, pero non pode
chegar á súa perfección sen a operación manual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.