Unha inmensa nave voadora movíase velozmente sobre a superficie dun mar asombrosamente belo. Desde media mañá estivera desprazándose cara a adiante e cara atrás, describindo grandes arcos cada vez máis anchos, ata que finalmente atraeu a atención dos insulars locais, xente pacífica e amante dos froitos de mar, que se reuniron na praia, entre pechando os ollos ante a cegadora luz solar, para tratar de ver que pasaba.
Calquera persoa de coñecementos sofisticados, que viaxase, que tivese algunha experiencia, probablemente observaría cuán parecida era a nave a un arquiveiro, a un enorme e recentemente roubado arquiveiro deitado de costas, cos caixóns ao vento e voando.
Pola súa banda, os insulars, cuxa experiencia era doutra clase, quedaron impresionados ao ver que pouco se parecía a unha lagosta mariña.
Charlaban, excitados, acerca da súa total ausencia de pinzas, as súas ríxidas costas sen curvas, e sobre o feito de que parecía ter grandísimas dificultades para manterse no chan. Esta última característica parecíalles especialmente xocosa. Puxéronse a dar moitos saltos para demostrarlle a esa estúpida cousa que eles crían que permanecer no chan era o máis fácil do mundo.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.