25 de febreiro de 2014

Ebora

Fragmento de Ebora, de Xosé Carlos Caneiro Pérez, nado en Verín en 1963.

Camiñaba. E a cada paso recobraba en anacos a sensación de ser un home novo, heroe sen bágoas furtivas lambendo o rostro hirsuto na soidade da noite, tesa. Vencedor daquel dragón que o martirizou durante vinte anos: Matilde. É preciso unha certa improvisación para conseguir grandes metas, escribiu no encerado da súa mente e, logo, con caligrafía envexable, no caderno que sempre levaba con el. Estaba inspirado. Mirou o que tiña anotado nas páxinas do seu caderno e sorprendeuse: xa aparecía, con outras palabras, a aseveración anterior, a carón da seguinte sentencia: «O progreso imparable da estupidez é o signo evidente de que os Macondos só poden existir no corazón dos soñadores.»
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.