18 de febreiro de 2014

Fragmento de Soños Eléctricos

De Ramón Caride Ogando, nacido en 1957 en Cea.

P. ¿Vostede considérase un líder? ¿Un liberador?
R. Non, ¿como vou eu liberar a alguén que non queira liberarse a si mesmo? ¡É unha merda! Aos individuos da Cidade, a case todos os individuos, aterrorízaos a idea de ser libres, ¡suxeitan eles mesmos as súas propias cadeas! Matarían ao que intentase rompelas.
P. ¿Que intenta dicir? Na Cidade todos son libres.
R. Iso é falso, ninguén é libre, ninguén quere selo. Resístense á liberdade porque temen ao descoñecido. E absurdo, porque canto agora é descoñecido foi algunha vez o máis noso, o lugar ao que as nosas almas, os nosos desexos, os nosos soños pertencen.
P. ¿A que liberdade se refire vostede?
R. A única forma de liberdade é a de ser cada un o que é interiormente, o que leva soterrado no fondo. Non falo do papel na estructura social, iso non me interesa. O certo é que sacrificamos a nosa vida real por un papel social. Abandónase a capacidade de sentir e a cambio cada individuo colócase unha vestimenta, unha Caste, un Oficio. Termina preso da súa propia imaxe. Non poderá haber cambios mentres non se realice a revolución interior.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.